San Mateo Estación de Servicio S.L.

A sociedade  “San Mateo Estación de Servicio S.L.”, con CIF nº B-70133749, con domicilio social  en San Mateo de Transancos s/n, Narón,  A  Coruña. Constituida como sociedade limitada unipersonal, en escritura outorgada ante a notario de Ferrol, Doña  Carmen-Susana Mora Ferreiro, o  día 13 de setembro de 2007. 

A sociedade “San Mateo Estación de Servicio S.L.” pertence á Fundación Misael Prieto, en virtude da aportación feita pola entidade fundadora Cooperativa de Meirás de Consumidores e Usuarios Sociedade Cooperativa Galega. 

A actividade principal da sociedade “San Mateo Estación de Servicio S.L”, e a venta de combustibles, carburantes, aceites, lubricantes, repostos e accesorios de vehículos de tracción mecánica e outras actividades que se levan a cabo nunha estación de servicio, como poden ser o lavado e engraxe.

Esta sociedade comenza a súa actividade, asinando un contrato de suministro, baixo a figura de comisionista coa compañía CEPSA. Tras a asinación deste contrato, procedeuse a contratación do persoal necesario, tras un proceso de selección.

Na actualidade a plantilla actualmente está composta de 4 traballadores, todos eles cunha discapacidade superior ao 33% e acreditada polos órganos administrativos correspondentes. 

San Mateo Estación de Servicio S.L, abre ao público o día 1 de outubro de 2012, unha vez posta en marcha e  tras os trámites correspondentes, foi cualificada pola Xunta de Galicia, en xaneiro de 2013, como “centro especial de emprego”.