Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria de socios

Luns, 22 de Maio de 2017

O Consello Reitor da Cooperativa convoca aos socios e socias á Asemblea Xeral que vai ter lugar o día 11 de xuño de 2017 no domicilio social da entidade.

Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria de socios

Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria de socios

O Consello Reitor da Cooperativa, en virtude do establecido nos estatutos sociais e na vixente Lei de Cooperativas, convoca aos socios da “COOPERATIVA DE MEIRÁS DE CONSUMIDORES E USUARIOS, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA” á Asemblea Xeral que vai ter lugar o día 11 de Xuño de 2017 no domicilio social da entidade, sito en Valdoviño, Meirás-Cantodomuro s/n, a cal terá a orde do día que de seguido se sinala:

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

  • Hora: ás 10,30 horas en primeira convocatoria e ás 11,00 horas en segunda.

ORDE DO DÍA

  1. Informe do Consello Reitor, correspondente ao exercicio 2016.
  2. Exame e aprobación, si procede, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias, e   memoria), do exercicio pechado a 31 de decembro de 2016, e  da aplicación dos excedentes do exercicio.
  3. Fixación da política e obxectivos do presente exercicio.
  4. Informe da situación hipotecaria  e acordos.
  5. Nomeamento de auditores de contas.
  6. Elección do Consello Reitor da Cooperativa.
  7. Rogos e preguntas.
  8. Designación de tres persoas socias para a aprobación da acta da Asemblea.

En Meirás (Valdoviño), 15 de maio de 2017

O PRESIDENTE
             Asdo: Andrés García Hermida

Infórmase aos socios que toda a documentación referente aos acordos a adoptar nesta asemblea, atópase a dispor das persoas socias para o seu exame,  no domicilio da cooperativa, o dereito de asistencia, poderán exercitalo conforme aos estatutos sociais e a lexislación vixente; e a obriga dos socios de presentar o D.N.I. para asistir á Asemblea.