Localización

Ao longo da súa andadura a Cooperativa tivo tres domicilios sociais distintos, o primeiro estivo situado na casa reitoral da parroquia de San Vicente de Meirás, ata 1956 en que morreu o consiliario don Pedro García Cazas.

A partir dese ano a Cooperativa trasladou o seu domicilio a un edificio da súa propiedade sito na mesma parroquia pero no lugar do Cantodomuro, neste edificio permanece ata o ano 2001 en que cambia de sede a un edificio situado en fronte do anterior, composto de planta baixa que alberga os servizos centrais e a sección de crédito de Meirás, e na primeira planta sitúanse a sala de xuntas do Consello Reitor, a Presidencia e o salón de actos para actividades formativas.

Estatutariamente o domicilio social fixase en: Meirás – Cantodomuro, S/N, 15550 - Valdoviño (A Coruña)