Presentación

Quen somos

A Cooperativa de Meirás, é unha cooperativa de consumidores e usuarios, resultado da transformación dunha cooperativa agraria.

Conforme aos estatutos sociais a Cooperativa para o desenvolvemento das súas actividades e servizos ten o ámbito territorial  autonómico, aínda que a actividade cooperativizada, restrínxese fundamentalmente á bisbarra denominada Ferrolterra.

Obxecto e actividade económica

As actividades a desenvolver pola Cooperativa para a súas persoas socias e das que con elas convivan, que constitúen o seu obxecto social, e que se recollen nos estatutos sociais, fan referencia aos seguintes: 

  • Subministración de artigos de consumo, uso, vestido, mobiliario e demais elementos propios da economía doméstica.

  • Servizos diversos para a realización das actividades domésticas.

  • Bens e servizos e actividades necesarias para a vida docente, desenvolvemento cultural e cultivo do tempo libre das persoas socias, como libros, material didáctico, instalacións deportivas.

  • Concertos de intermediación económicos con entidades financeiras, compañías de seguros, empresas de distribución que contribúan á provisión de bens de diversa natureza, propios, todos eles, da economía doméstica.

  • Calquera outro fín lícito que teña ou que poida ter no futuro relación directa ou indirecta co cumprimento do obxecto social.