O Diario de Ferrol rectifica a nova publicada onte en primeira páxina sobre o peche da Cooperativa de Meirás

Viernes, 26 de Abril de 2019

O xornal Diario de Ferrol publicou o pasado 25 de abril un titular na portada que anunciaba o peche da Cooperativa de Meirás pola inviabilidade das súas contas. Este titular achega unha información falsa, xa que a Cooperativa non ten perdas económicas e non vai cesar na súa actividade.

Titular rectificado da edición dixital

O Diario rectificou no día de hoxe a información publicada, explicando o erro nunha "Fe de erratas" na páxina 4 da edición impresa:

Podes descargar a portada coa información falsa (Diario de Ferrol, edición impresa do 25-04-2019) e a páxina completa coa "Fe de erratas" (Diario de Ferrol, edición impresa do 26-04-2019) ao pé desta nova.