Con motivo do comezo da Campaña da Renta correspondente ao Exercicio 2017, a Cooperativa de Meirás enviou por correo postal aos socios os Certificados correspondentes ás retencións que xeraron os intereses das contas.
As e os socios que non recibiron o Certificado, poderán solicitar que se lles envíe á dirección que figura nesta Cooperativa dos seguintes xeitos:
- Teléfono: 981 48 50 00 / 981 48 50 01
- Correo Electrónico: meiras@cooperativademeiras.com
Tamén poderán recoller o Certificado de retencións presencialmente na Sección de Crédito correspondente (Meirás ou Narahio).