Oferta de emprego para vacante en Administración

Luns, 8 de Xaneiro de 2024

A Cooperativa de Meirás selecciona unha persoa Licenciada para traballar no departamento de Administración.

Copeiras.jpg

Requírese:

  • Persoa profesional, nova e dinámica, con don de xentes, capacidade de xestión e de liderar equipos.

Imprescindible:

  • Licenciado/a en Económicas, Administración e Dirección de empresas ou Dereito.
  • Coñecementos de informática a nivel de usuario.

Estes requisitos deberán posuírse polos aspirantes a data desta convocatoria.

Valórase:

  • Ser socio/a da Cooperativa ou ter relación con socio/a en 1º grado de consanguinidade ou afinidade. (Indicar socio/a e parentesco).

Ofrécese:

  • Estabilidade  laboral.
  • Formación específica a cargo da Cooperativa.
  • Retribución adecuada ao posto.

Os candidatos e candidatas interesados/as deberán enviar o seu CV, cunha fotografía recente, EXCLUSIVAMENTE a: alejandra@auditoresasociados.com.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día 1 de marzo ata o día 22 de marzo, inclusive.