Renovación do carné de Manipulador de Produtos Fitosanitarios

Xoves, 12 de Maio de 2016

Como renovar o carné de Manipulador/aplicador de produtos fitosanitarios?

Como renovar o carné de Manipulador/aplicador de produtos fitosanitarios?

INFORMAMOS aos socios/clientes que para a renovación do carné de Manipulador/aplicador de produtos fitosanitarios NON é  necesario facer ningún curso:

  • Se teñen o carné caducado, ou a piques de caducar, deberán cubrir unha solicitude, pagar unhas taxas (4,43 €) e achegar unha copia do D.N.I.

Os impresos (a solicitude  e o documento para o pago das taxas) poden recollerse nas oficinas da Cooperativa (Sección de Crédito).